5 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE
O día 5 de xuño celébrase o día mundial do Medio Ambiente e como cada curso adicamos tempo nas aulas a reflexionar e traballar sobre a importancia de coidar o noso planteta e os espazos naturais. Con accións pequenas podemos conseguir grandes resultados! Só temos unha terra! UNHA SOA TERRA!!
Na seguinte curtametraxe verás a importancia do traballo en equipo, da perseverancia, da reciclaxe e do querer é poder. Titúlase "Basuria", por que será?
Agora toca un pouco de música e movemento: imos saír todos "ECOLOXISTAS"!
E para traballar un pouco máis sobre o tema do medio ambiente deixo estes vídeos que xa vimos en clase e que nos inspiraron para unha actividade que estamos levando a cabo: elaboración de carteis con ECO-CONSELLOS para colocar polos corredores do colexio.
TODOS A SALVAR O PLANETA! ESTÁ NAS NOSAS MANS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario