22/12/2021

 BO NADAL E FELICES FESTAS!

Parabéns a todos polo voso traballo durante o 1° trimestre. Vémonos o 10 de xaneiro con moita ilusión e novidades.


 

20/12/2021

 20-D: DÍA INTERNACIONAL DA SOLIDARIEDADE HUMANA

Mira esta curta tan bonita que nos fala da importancia de ser amables no noso día a día. Recorda sempre o poder que ten poñer un sorriso na cara e axudar a todos os que o necesiten. 



19/12/2021

MAQUETA DAS CAPAS DA ATMOSFERA

Acabamos o tema sobre a capa de aire que rodea o noso planeta Terra: a ATMOSFERA. E na clase a proposta de traballo final foi a elaboración dunha maqueta da mesma.

Quedaron todas requetechulas! 







16/12/2021

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS E OS HÁBITOS SAUDABLES


En ciencias da natureza traballamos a alimentación e os hábitos saudables que nos axudan a estar sans. 
Para pechar tema fixemos estas pirámides alimentarias tan chulas que aparecen na imaxe superior. Non foi doado a súa montaxe pero entre todos conseguímolo ! 


15/12/2021

OBRADOIRO SOBRE O APALPADOR 

Hoxe, na biblioteca do cole, participamos nun obradoiro especial sobre o Apalpador.

Déixovos o enlace ao mesmo vídeo e tamén a canción de Paco Nogueiras que escoitamos na clase.





Así quedaron algúns dos colgantes deste obradoiro.





11/12/2021

 GRAZAS, FAMILIAS, POR ESTAS CUNCHAS TAN RIQUIÑAS

Agora xa están colgadiñas na árbore de Nadal que hai na entrada do colexio.




08/12/2021

 XOGAMOS A SEGUIR A PISTA DE PAPÁ NOEL?🎅

Xa vai quedando menos para a chegada da Noiteboa! Preme na seguinte imaxe e poderás xogar e pasar un bo rato cos elfos de Papá Noel.


 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Cada 10 de decembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Conmemoramos que, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron a Declaración Universal deses dereitos tan fundamentais que todos e todas temos.

Déixovos a canción que escoitamos en clase sobre este tema tan importante. Verdade que é pegadiza?





06/12/2021

PROBA DA RESTA ➖

En clase xa vimos que para saber se fixemos ben unha resta o que fago é comprobalo cunha suma. Recorda a fórmula: SUSTRAENDO ➕ DIFERENCIA = MINUENDO.

03/12/2021

♻ A RECICLAXE ♻

En clase estivemos a ver a importancia da reciclaxe nas nosas vidas e no noso planeta. Anímaste a xogar un pouco e aprender sobre este tema? 

02/12/2021

CHEGOU DECEMBRO, CHEGOU O NADAL 🎄

Aquí está unha canción que seguro escoitaredes nesta época do ano: "Rodolfo, el reno". Completade os ocos da letra, escoitade a canción  e cantade moito.
OS ANTÓNIMOS 🌞🌗

Busca e une os antónimos que hai na seguinte ficha. Despois acórdate de comprobar as túas respostas! Xa me contas en clase que tal che foi...
NUMERACIÓN: DO 500 AO 599 👀

Ola estreliñas! Déixovos esta ficha para traballar os números que van do 500 ao 599. Algunhas actividades seguro que vos soan porque as fixemos no cole tamén. Seguro que sae estupendo!👌

01/12/2021

COMO INTERPRETAR ETIQUETAS DE ALIMENTOS

En ciencias estamos a estudar o tema dos alimentos e recortamos unha morea de etiquetas para interpretar os seus datos. Aquí vos deixo unha ficha relacionada para facer de xeito interactivo. 
QUE HORA É?

Comeza o mes de decembro e con el a conta atrás para chegar ao Nadal e na clase tamén estaremos a voltas coa medida do tempo estudando como dicir a hora nos reloxos analóxicos e dixitais.
Déixovos por aquí algunha fichiña interactiva para ir practicando. Seguro que vos sae xenial!
ALFABETO BRAILLE

O día 3 de decembro celebramos o Día Internacional das "Distintas Capacidades" e na clase estivemos a ver unha curtametraxe titulada Pip que estaba relacionada coa cegueira. Despois aprendemos o alfabeto Braille e escribimos como serían algunhas palabras con este alfabeto en relevo. Anímaste a desvelar a mensaxe segreda en Braille da seguinte actividade?