25/11/2021

 🙏UN POUCO DE RELAXACIÓN AO VOLTAR DO RECREO... SEMPRE FAI BEN!










🎥 POEMA "CAMIÑO A COMPOSTELA"

Como xa sabedes, este curso o proxecto de centro leva por lema "De Sárdoma a Santiago" e abordará o Camiño de Santiago. Na clase de 2º xa imos preparándonos para comezar este sendeiro e que mellor maneira que a través dun fermoso poema recitado entre todos. 



 CANCIÓN "RECICLA CON DINOSETO"🎵

Ola estreliñas de 2º! Déixovos por aquí a canción sobre a importancia da reciclaxe para coidar o noso planeta. Todos a cantar, bailar e reciclar!




NOMES COMÚNS E NOMES PROPIOS

Na clase vimos que os nomes poden ser comúns ou propios. Na seguinte actividade podes practicar máis tamén na túa casa. 

22/11/2021

🎵MANTRAS  PARA COMEZAR (E REMATAR) O DÍA CON BO PÉ E CUN SORRISO NA CARA🎶









E para rematar a mañá nada mellor que desexar o mellor para os demais e para nós mesmos...




XOGAMOS UN POUCO? 


QUE SON OS POLÍGONOS?

Déixovos no seguinte enlace un vídeo máis unha ficha interactiva para que poñades en práctica os vosos coñecementos sobre estas figura planas.

18/11/2021

 VÍDEO-CONTO: A VIAXE ESPACIAL DA CADELA LAIKA

Como na clase comezamos a ver as capas da atmosfera algúns alumnos comentaron que tiñan interese por saber algo máis sobre a historia da cadela Laika. Laika foi unha cadela espacial  que se converteu no primeiro ser vivo en orbitar o planeta Terra. Fíxoo a bordo da nave soviética Sputnik 2, o 3 de novembro de 1957.

Aquí abaixo vos deixo un vídeo-conto sobre Laika.


 TODOS A BAILAR "HAPPY"😀

Chegou a fin de semana e no blog inauguramos a sección de CANCIÓNS para as peticións que fagades a partires de agora. A primeira é a canción "Happy" así que xa sabedes... a ser moi felices!

HAPPY                          

DE ELLOS APRENDÍ

DON´T WORRY, BE HAPPY

GIRASOLES      

CHOCOLATE CON ALMENDRAS



PARA SABER TODO E MÁIS SOBRE O AIRE 
Déixovos por aquí a seguinte actividade-reto sobre o aire para aprender moito sobre o tema que estamos a ver este mes no cole.

 AS CAPAS DA ATMOSFERA

Atención! Comezamos o tema 2 de Ciencias Sociais e nel imos aprender moitas cousas relacionadas coa atmosfera. Mira o seguinte vídeo e descubrirás cales son as cinco capas da atmosfera do noso planeta. 





17/11/2021

 SORPRESA Á SAÍDA DO COLE

Hoxe cando saímos do cole atopámonos cunha sorpresa no patio e sacámoslle unhas fotos para todos vós.  A que é bonitiña?




15/11/2021

XEOMETRÍA

En clase imos traballar as seguintes figuras planas: cadrado, rectángulo, triángulo, rombo e círculo. Anímaste a practicalas un pouco?

 SEGUINDO INSTRUCIÓNS CON PLASTILINA 🐞

O venres, na sesión de Plástica, traballamos coa plastilina e fixemos unha xoaniña moi mona seguindo unha serie de instrucións orais.





11/11/2021

11 DE NOVEMBRO: SAN MARTIÑO

  Moitos parabéns aos nosos Martíns!




                                       
                                             


10/11/2021


PARA PRACTICAR AS RESTAS CON LEVADAS

Déixovos esta fichiña interactiva para que practiquedes e comprobedes que tal vos saen as restas con levadas. 

Ánimo!



 CONTO: "A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA"

Queredes coñecer unha lenda que explica por que a castaña ten unha cor marrón máis clariño na parte de abaixo? Pois escoitade o seguinte conto e saberédelo. 



 CHEGOU O TEMPO DE MAGOSTO!

Chegou o mes de novembro e con el o noso prezado magosto. Aquí vos deixo un rap moi marchoso para bailar e cantar sen parar!


09/11/2021


O abecedario galego

FOMENTO DA LECTURA

Co gallo da inauguración da biblioteca vimos en clase unha curtametraxe titulada " Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore" que logrou un premio Óscar á mellor obra de animación. A historia xira arredor do amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é mergullarse neles. 

                                                          
                                                              FELICES LECTURAS!!

08/11/2021

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

No ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. En Galicia, adoptamos este mes como o "MES DA CIENCIA" para facer ver que o noso idioma é válido en todos os ámbitos da vida.

Déixovos aquí uns vídeos de divulgación científica en galego dirixidos á infancia. Agardo que vos parezan interesantes!



FELIZ MES!!