28/01/2022

INVESTIGO: TAREFA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana temos que facer un traballo de investigación relacionado co PDI desde curso: Que necesita levar un peregrino na mochila para facer o Camiño de Santiago?
Déixovos aquí a ficha para as estreliñas que estades na casa. Animádevos a facela!


 SÍMBOLOS DA PAZ

E así quedaron os símbolos da paz que fixemos en plástica a semana pasada. Unha chulada! 






27/01/2022

 💫SENTIDO LITERAL E  SENTIDO FIGURADO

En clase vimos que, ás veces, as palabras podemos utilizalas co seu propio significado (SENTIDO LITERAL)  ou cun significado diferente (SENTIDO FIGURADO). 

Adiviña o significado das expresións en sentido figurado da seguinte ficha. Ti podes!


✌DÍA DA PAZ:  XOGAMOS?


 🔍RESOLVEMOS PROBLEMAS

Quen se anima a resolver estes problemiñas? Imprime a ficha. Despois, subliña os datos de vermello e a pregunta de azul como facemos na clase, fai a operación e escribe a solución. Ao final, abaixo podes avaliarte a ti mesmo! ✅

26/01/2022

LENDA  "O FÍO VERMELLO" (DÍA DA PAZ 2022)

Entra no enlace e poderás escoitar a lenda oriental titulada "O FÍO VERMELLO". 
Despois de ver o vídeo tes unhas actividades de comprensión para entendela mellor.

23/01/2022

 ☮DÍA DA PAZ☮

Ola estreliñas! Déixovos nesta entrada do blog algunhas cancións relacionadas co día Escolar da Paz e da Non Violencia que se celebra cada 30 de xaneiro. Hai para todos os gustos! E recordade que A PAZ COMEZA CUN SORRISO!



                                                                 "IMAGINE"

 

                                                                      "TAL VEZ" 

 

                                                                    "LODO" 



"GENTE LUMINOSA"

20/01/2022

PARA SABER MÁIS SOBRE AS ROCAS... ATENDE AO VÍDEO!

Para rematar o tema de ciencias sociais sobre a PAISAXE, vimos que existen moitos tipos de rocas. Tamén aprendemos que as rocas están formadas por minerais e que se empregan para unha morea de cousas.





🦾 A SÍLABA TÓNICA

En clase vimos que a sílaba que se pronuncia máis forte nunha palabra chámase SÍLABA TÓNICA. A ver se averiguas cales son as sílabas tónicas das palabras da seguinte actividade. Cando remates comproba ti mesmo os teus acertos.

10/01/2022

 👀 VÍDEO: OS TIPOS DE PAISAXES




🏝 ELEMENTOS DA PAISAXE



AS PAISAXES

Ola estrelas! En clase vimos que hai paisaxes diferentes nas que podemos atopar elementos naturais (ríos,  montañas, vales, bosques...) e elementos humanos (casas, estradas, fábricas, pontes...). Na seguinte ficha tes que elixir se é unha paisaxe natural (só se ven elementos naturais) ou unha paisaxe humanizada (se aparece algún elemento feito polas persoas). Despois comproba as túas respostas.