30/03/2022

 ❓❗ SABÍAS QUE...? CURIOSIDADES SOBRE AS PLANTAS



🤝AMIZADE
A amizade hai que cultivala como se cultiva unha planta; hai que poñer algo da nosa parte para que floreza.

Todos e todas a cultivar a planta da amizade!

29/03/2022

🚌 PALABRAS AGUDAS

Las palabras agudas son las que tienen la sílaba tónica (sílaba fuerte) en su última sílaba.



28/03/2022

🌱 EXPERIMENTO EN CLASE: AS LENTELLAS MÁXICAS

Na clase imos xerminar lentellas para ver como nace unha nova plantiña paso a paso. A ver se temos sorte! A continuación un vídeo explicativo co experimento das lentellas máxicas:




Aquí vos deixo algúns resultados do noso experimento de iniciación á horta!









🍆 PALABRAS CON: GE, GI - JE, JI



 6️⃣TÁBOA DO 6 A RITMO DE ROCK

Esta semana todos a pola táboa do 6! Cun pouco de música seguro que se aprende mellor e de paso movemos o esqueleto!




21/03/2022

🌳☘🌾🌼🍂 AS PLANTAS

Esta semana deu comezo a primavera e tamén se celebra o día internacional dos bosques que busca concienciar sobre a importancia das plantas para a vida humana.  Déixovos por aquí uns vídeos relacionados con este novo tema que comezamos a ver na clase de ciencias.


 🔍OS AUMENTATIVOS E OS DIMINUTIVOS

Recorda: Os aumentativos indican tamaño grande (estrelaza) e os diminutivos expresan tamaño pequeno ou tamén afecto (estreliña).





17/03/2022

 🦋PLÁSTICA: COMO DEBUXAR UNHA BOLBORETA MONARCA

Para darlle a benvida á primavera imos debuxar unhas bolboretas mocarcas na clase de plástica e que mellor maneira que escoitar o concerto do compositor italiano Antonio Vivaldi "A Primavera" de fondo.



A continuación deixo un vídeo titulado: A BOLBORETA DE AUSTIN.

O vídeo trata sobre unha bolboreta que debe debuxar Austin. O proxecto consiste en debuxar unha bolboreta a partir do modelo dunha fotografía e dende unha perspectiva científica. Concretamente, a bolboreta que debe debuxar Austin responde ao nome de ‘tiger swallowtail’.No seu primeiro intento, Austin non acerta de todo co seu debuxo. Para poder mellorala, Austin escoitará as aportacións dos seus compañeiros de clase e fará varios intentos máis ata que no seu debuxo final o resultado é realmente asombroso. 





15/03/2022

🥁 ORTOGRAFÍA: PALABRAS CON MP/MB

Na seguinte sopa de letras busca palabras da norma ortográfica desta semana: palabras que levan mp e mb. Abre ben os ollos e a buscar!



 📰EXTRA, EXTRA! A NOTICIA

Co gallo da semana da prensa estamos a traballar na clase a noticia e as súas partes. 



13/03/2022

 😇 AUTOCONCEPTO: COMO SON EU?

En valores estamos a traballar o autoconcepto: como son e como me ven? Primeiro vimos un vídeo onde un avó e o seu neto nos amosan a importancia de ser perseverantes e pacientes para alcanzar os obxectivos que nos propoñemos. Onde cada un acaba descubrindo as habilidades que posúe.


A continuación elaboramos unhas lentes do "autoconcepto" onde cada un reflexionou sobre as habilidades que posúe e tamén sobre aspectos que pode mellorar.








A continuación deixo un recurso relacionado: a Oca das emocións e do autoconcepto. Este tema dá moito xogo!



Outra actividade que fixemos foi crear acrósticos con noso nome pensando en positivo adxectivos que nos definan. 




 🌻PLÁSTICA: XIRASOIS DE VAN GOGH

Estas semanas estamos traballando a propósito do símbolo do xirasol, flor nacional de Ucrania e convertido nun emblema de apoio e solidariedade tras a invasión de Rusia.

Aquí vos deixo imaxes dos traballos artísticos realizados nas clases. 











QUEREMOS PAZ!

08/03/2022

 5️⃣TÁBOA DO 5

Esta táboa está "chupada" así que todos a cantar con Miliki o retrouso da canción!


E despois de cantar, que che parece se practicas o aprendido facendo o seguinte crebacabezs?


La tabla del 5, una ficha interactiva de mmlb
liveworksheets.com

💶 MOEDAS E BILLETES DE EURO

En clase de segundo imos de compras! Esta semana comezamos a traballar coas moedas e billetes de euro: expresar unha mesma cantidade de diñeiro utilizando diferentes combinacións, buscar a cantidade necesaria para mercar algún produto, ver se nos faltan ou nos sobran cartos, dar a volta, etc. 

Deixo por aquí unha actividade de repaso. 👛Non esquezas a carteira!



02/03/2022

 🐭MANDATOS DO MECO 2022! 

A semana do Entroido o meco encargounos mandatos do máis orixinal. Aquí quedan algunhas fotos que así nolo recordan. Sabedes de quen vén sendo????









Esa mesma semana tamén fixemos a nosa primeira saída: visita escolar ao museo MARCO. Súper recomendable! Tan ben o pasamos que xa estamos desexando organizar outra!







       









Volveremos!                                                    

 4️⃣ TÁBOA  DO 4

Antes de pasar á táboa do 4 fai a ficha de repaso das táboas anteriores aquí:



Agora sí, imos aprender cantando a táboa do 4 coas rimas de Miliki! 

E despois fai a ficha para atopar ao impostor!




 👩8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Despois de escoitar o conto "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?" (máis abaixo) e razoar sobre o tema fixemos o seguinte mural onde cada un vestiu á protagonista da historia segundo a profesión que lle gustaría ter de maior, tendo moi claro que os traballos non teñen xénero.
 

 A seguinte curta vai sobre o poder da imaxinación para derrubar os estereotipos de xénero nos contos. Vai sobre unha nena que imaxina un conto de princesas onde as rapazas son pilotos, as carrozas son coches deportivos e os bailes en palacio, emocionantes carreiras. Está inspirada en Michele Mouton, primeira muller en gañar unha carreira no Campionato Mundial de Rally en 1.981.

E como actividade de centro todos os cursos colaboramos facendo uns carteis con oracións sobre a igualdade que podedes ver nas escaleiras principais da nosa escola.