30/05/2022

➗ DIVISIÓNS EXACTAS
Anímaste a facer as seguintes divisións? Son todas exactas!

🥚 PALABRAS CON H

En lingua castelá estamos a ver a norma ortográfica do uso da letra h.

 Se queres seguir practicando busca na seguinte sopa de letras palabras que comezan por HIE- e HUE-.




📖CREA A TÚA PROPIA HISTORIA!

Recorda que os contos son historias fantásticas que lles pasan a uns personaxes. 
Adoitan ter tres partes:
1ª parte: INICIO ou PRESENTACIÓN
2ª parte: DESENVOLVEMENTO ou NÓ 
3ª parte:  FINAL ou DESENLACE

Anímaste a inventar o teu propio conto? Mira, mira...

27/05/2022

 ⚖ MEDIDAS DE MASA E CAPACIDADE

Tanto en ciencias como en matemáticas estamos a ver que a masa que ten a materia é o que pesa. Podemos usar unha balanza ou unha báscula para calcular o seu peso e expresalo en kilogramos (kg). 

Por outra banda, en mates tamén imos ver as medidas de capacidade, é dicir, a cantidade de líquido que cabe dentro dun recipiente. Podemos usar un vaso medidor e expresalo en litros (l).

Para practicar fai as seguintes actividades. Veña que xa o tes!



Fai clic nos seguintes enlaces para seguir practicando as unidades de medida cos xogos de mundo primaria:








23/05/2022

A MATERIA

No seguinte vídeo aprenderás a recoñecer a materia, os seus estados e as súas principais propiedades. Atentos que vai!


Agora practica un pouco coas seguintes actividades:



19/05/2022

 9️⃣TÁBOA DO 9

Pois por fin chegamos á táboa do 9! Xa sodes uns expertos e expertas en táboas de multiplicar. Dentro de pouco levarei á clase uns diplomas que acrediten o esforzo realizado por cada un de vós nesta materia. Aquí deixo algunhas actividades para practicar tamén na casa todas as táboas.






15/05/2022

🎶🎙QUEREMOS GALEGO DE "PABLO DÍAZ"
Esta semana máis ca nunca queremos galego! Veña todos a falar e cantar na nosa lingua, a máis bonita que hai!


Unha proposta que fixemos esta semana das Letras foi que escribiran nunha pinga de auga algunha palabra en galego que lles gustase especialmente. Estas pingas pegámolas a modo de chuvia baixo unha nube que engalana a entrada principal da nosa escola e que leva por lema "MÓLLATE CO GALEGO". Aquí algunhas fotos:








11/05/2022

🧐CÁLCULO MENTAL DE DIVISIÓNS EXACTAS

E seguimos practicando as divisións... (podes consultar as táboas de multiplicar se precisas). 


💙🤍 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Achégase unha data especial, unha data IMPORTANTE, achégase o día no que todos e todas celebramos o amor pola nosa lingua, a lingua galega. 

Para ir quecendo motores, mirade o seguinte vídeo realizado por TikTak Draw sobre a biografía e obra do autor homenaxeado deste ano: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, o poeta que cruzou o océano.




Tamén vos deixo por aquí unhas actividades interactivas para pasalo ben aprendendo máis cousas sobre Florencio Delgado, o autor das Letras 2022.







09/05/2022

8️⃣ TÁBOA DO 8

E agora un pouco de música para repasar a táboa do 8. Por certo, que canción de Miliki é a vosa favorita?



 3️⃣2️⃣1️⃣... LETRAS GALEGAS: CONTA ATRÁS!!!!!!

Descubrindo a Florencio Delgado Gurriarán... o homenaxeado este ano 2022 das Letras Galegas. Entra e aprende!



👏  LOS VERBOS

Recuerda que los verbos son las palabras que indican acciones. Se pueden clasificar en tres conjugaciones: 1ª conjugación, 2ª conjugación y 3ª conjugación. 

A practicar lo que vimos en clase!





03/05/2022

👨‍🌾👩‍🏭👩‍🏫 OS TRABALLOS

Atende aos seguintes vídeos que che explican os diferentes tipos de traballos e a súa clasificación.





A continuación, podes practicar este tema coa seguinte actividade interactiva
que deixo aquí abaixo:



02/05/2022

 🚌 SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA: REPORTAXE GRÁFICA

Ola estreliñas! Por aquí vos deixo algunhas das fotos que sacamos na nosa excursión a Santiago de Compostela para que recordedes os bos momentos que pasamos ese día. 

Darvos a todos e todas moitos parabéns por facelo tan ben nesta xornada de convivencia e polo esforzo, actitude positiva e colaboración amosada durante a mesma. 
























01/05/2022

 🦔"HISTORIA DE UN ERIZO"

Hoxe, día 2 de maio, conmemórase o Día Mundial contra o Acoso Escolar no que se pretende concienciar desta problemática a toda a sociedade. En clase, no cole, nos patios, nos parques... busquemos axudar, integrar, colaborar, empatizar, tolerar e aceptar a todos. Busquemos  solucións non problemas! 

Mira o seguinte vídeo sobre un erizo que chega novo a un colexio e como entre todos, traballando en equipo e colaborando, atopan a solución adecuada para todos. Precioso!

Tamén me gustaría compartir con vós esta fantástica e axeitada canción do Langui titulada "Se buscan valientes". Que gocedes co vídeo!



 🌂LAS PALABRAS COMPUESTAS

Las palabras compuestas se forman al unirse dos o más palabras simples.

Por ejemplo:  parar  ➕  aguas =  paraguas ☔