17/06/2022

 😎A BAILAR! 












 🌞E CHEGOU O VERÁN! 

Boas e merecidas vacacións a todos e a todas! 

Comparto por aquí tamén unha listaxe de plans e ideas para levar a cabo estas semanas. Quen é quen de facelas todas? Veña que podedes!

 Apertas de verán!!!




09/06/2022

 VÍDEOS DE CIENCIAS: FORZAS E SONS

En ciencias naturais vimos uns vídeos moi chulos para aprender algo máis a clasificar as forzas e os sons.








Agora unhas actividades de discriminación auditiva para ser todo un experto/a!


02/06/2022

✍ OS NOSOS FLORENCIOS 

Ollade o bonitos que quedaron os "Florencios" que debuxaron na clase de 2º despois de voltar do espectacular e divertidísimo concerto de Brais Das Hortas. 

Foi un marabilloso fin de festa da semana das Letras Galegas! Viva Brais! Viva Florencio! Viva Sárdoma!








 📷 MOMENTOS DE XOGO E LECER










 5 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o día mundial do Medio Ambiente e como cada curso adicamos tempo nas aulas a reflexionar e traballar sobre a importancia de coidar o noso planteta e os espazos naturais. Con accións pequenas podemos conseguir grandes resultados! Só temos unha terra! UNHA SOA TERRA!! 

Na seguinte curtametraxe verás a importancia do traballo en equipo, da perseverancia, da reciclaxe e do querer é poder. Titúlase "Basuria", por que será?


Agora toca un pouco de música e movemento: imos saír todos "ECOLOXISTAS"! 


E para traballar un pouco máis sobre o tema do medio ambiente deixo estes vídeos que xa vimos en clase e que nos inspiraron para unha actividade que estamos levando a cabo: elaboración de carteis con ECO-CONSELLOS  para colocar polos corredores do colexio. 
TODOS A SALVAR O PLANETA! ESTÁ NAS NOSAS MANS!!!

30/05/2022

➗ DIVISIÓNS EXACTAS
Anímaste a facer as seguintes divisións? Son todas exactas!

🥚 PALABRAS CON H

En lingua castelá estamos a ver a norma ortográfica do uso da letra h.

 Se queres seguir practicando busca na seguinte sopa de letras palabras que comezan por HIE- e HUE-.




📖CREA A TÚA PROPIA HISTORIA!

Recorda que os contos son historias fantásticas que lles pasan a uns personaxes. 
Adoitan ter tres partes:
1ª parte: INICIO ou PRESENTACIÓN
2ª parte: DESENVOLVEMENTO ou NÓ 
3ª parte:  FINAL ou DESENLACE

Anímaste a inventar o teu propio conto? Mira, mira...

27/05/2022

 ⚖ MEDIDAS DE MASA E CAPACIDADE

Tanto en ciencias como en matemáticas estamos a ver que a masa que ten a materia é o que pesa. Podemos usar unha balanza ou unha báscula para calcular o seu peso e expresalo en kilogramos (kg). 

Por outra banda, en mates tamén imos ver as medidas de capacidade, é dicir, a cantidade de líquido que cabe dentro dun recipiente. Podemos usar un vaso medidor e expresalo en litros (l).

Para practicar fai as seguintes actividades. Veña que xa o tes!



Fai clic nos seguintes enlaces para seguir practicando as unidades de medida cos xogos de mundo primaria: