24/02/2022

🐸OS ANFIBIOS DE GALICIA
No seguinte enlace atoparás un listado sobre os anfibios que se poden atopar en Galicia.

Tamén deixo un vídeo-concurso titulado "Canto sabes dos anfibios?". Veña, veña, a mollarse!


🦥🦆🐸🐟🐢ANIMAIS VERTEBRADOS

Estes días estamos a voltas coa clasificación dos animais vertebrados en cinco grupos: mamíferos, aves, anfibios, peixes e réptiles. Podedes practicar todo o aprendido facendo a seguinte ficha.


 


Aquí abaixo deixo un documental interesante sobre un animal mamífero especial: o ornitorrinco. Xa sabes por que?


21/02/2022

🎼 POEMA "PEREGRINO A COMPOSTELA"

E para seguir traballando co tema do proxecto deste curso "DE SÁRDOMA A SANTIAGO"... preséntovos este poema musicado "Peregrino a Compostela" do libro LINGUA GUAPA  de Fina Casalderrey e Néstor Blanco. Moi recomendable!

20/02/2022

🎬 CURTAMETRAXE: "THE SONG FOR RAIN"

Unha bonita curta que fala da amizade entre un neno e un raposo. Preciosa!




🆘ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Ola estreliñas! Neste 2º trimestre imos converternos en expertos en animais en perigo de extinción. Como xa sabedes, para iso cada un de vós deberá escoller un animal ameazado, investigar sobre o tema e facer unha exposición diante de toda a clase. Estamos todos desexando escoitarvos e aprender moito!
Deixo por aquí algúns vídeos moi interesantes e unha actividade sobre cinco animais en vías de extinción.


Por aquí deixarei as fotos das nosas expertas e expertos en animais en perigo de extinción a medida que vaian facendo as exposicións cada semana. Bravo!!! Moitos parabéns!!! 👏👏😍😍
    Parabéns Paula (leopardo das neves) e Area (lobo)!      

Parabéns Martín (caimán do Orinoco) e Xoel (oso panda)!


Parabéns Joni (tartaruga verde) e Kiara (oso pardo)!     

Parabéns Chloé (koala), Pedro (gorila) e Xoel (armadillo)!

Parabéns Lucía (oso polar), Pablo (dragón de komodo) e Nico (tigre)!



    

 💤 O CÓMIC

Nos seguintes cómics atréveste a completar as viñetas? Escribe nos globos baleiros os diálogos ou pensamentos de cada personaxe e... inventa a túa propia historia!!! Hai catro diferentes.

Podes usar tamén onomatopeas (palabras que representan sons), símbolos (debuxiños que expresan estados de ánimo ou sensacións) e liñas de movemento.


🐧 O SON  G SUAVE
Adiviña a que animal se refire cada pista e completa cada palabra coa sílaba axeitada. 


 🏠 AMIGOS DO 1.000

E chegamos ao número 1.000!  Podes completar as seguintes casiñas e averiguar os amigos do 1.000 utilizando estratexias de cálculo mental?



14/02/2022

 🖋23 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro facendo diversas actividades no colexio. Entre elas aprender e cantar a seguinte canción sobre esta poetisa galega tan importante.

Máis abaixo tedes un genially con actividades para saber todo e máis sobre a súa vida e obra. 





E por último, deixo nesta entrada adicada a nosa Rosalía unha canción dun poema dela titulado "Dende aquí vexo un camiño".

 🐣CARACTERÍSTICAS DOS ANIMAIS

En clase estamos a ver as principais características dos animais para poder clasificalos en función de diferentes aspectos: que comen, como nacen, se teñen esqueleto interno ou non, como se desprazan, de que cobren o seu corpo, como respiran, etc.

Mira os vídeos do noso amigo o camaleón, todo un experto en ciencias naturais.

Despois, tes unha ficha para practicar o que aprendiches.



13/02/2022

⭕ LOS ARTÍCULOS

Repasa os artigos en lingua castelá coa seguinte ficha:


12/02/2022

 💖14 F: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Para festexar a AMIZADE imos reutilizar caixas de panos baleiras para darlles unha segunda vida e transformalas nunhas caixas do correo que nos servirán para crear un recuncho especial na clase, o CAMIÑO DA AMIZADE, no que intercambiar correspondencia entre iguais. 

A continuación deixo unhas cancións relacionadas co tema que agardo que vos gusten.


 

11/02/2022

🎲 OS CORPOS XEOMÉTRICOS🥎 
En clase vimos, en xeometría, a clasificación e características dos corpos xeométricos. Aquí vai unha proposta para repasar os principais conceptos: consta de vídeo e actividades. 

 11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día 11 de febreiro festexamos o día internacional da muller e da nena na ciencia, no que se pretende visibilizar o labor científico das mulleres, fomentar a vocación nas nenas e  promover a participación feminina en condicións de igualdade no ámbito da ciencia.
En clase vimos estes dous vídeos relacionados con JANE GOODALL, unha científica experta en etoloxía, é dicir, no estudo científico do comportamento humano e animal. Agardo que vos resulte interesante!





10/02/2022

3️⃣"TABLA DEL 3"
Seguimos aprendendo as táboas de multiplicar e desta vez deixo unha canción para escoitar e unha fichiña para practicar. 
Tamén podedes aprender xogando se premes no seguinte enlace:





 🦉SERES VIVOS E OBXECTOS INERTES

Empezamos un novo tema de ciencias! Hoxe veremos a diferenza entre seres vivos e obxectos inertes co noso amigo o camaleón. 





06/02/2022

 💖AMOR PROPIO: QUÉRETE MOITO!

A vindeira semana celébrase o día de San Valentín, día do amor e da amizade, e para abordar o tema hoxe empezamos a falar do amor propio: a importancia de coñecerse a un mesmo, aceptarse, quererse, valorarse e coidarse moito porque todos somos únicos e especiais. 

Todos somos estrelas e merecemos brillar!🌟

En clase vimos a seguinte curtametraxe que trata sobre a AUTOESTIMA. Tamén podes facer a ficha de comprensión que hai a continuación.

E recorda sempre... QUERERTE MOITO!!!!!!

 

 SIMPLEMENTE BAILA!













03/02/2022

🏞 DESCRIBIMOS PAISAXES

No  pasado mes de xaneiro estivemos traballando cos distintos tipos de paisaxes e os seus elementos, tanto naturais como humanizados. Agora xa estamos preparados para describir paisaxes. Para iso recorda que debes seguir os seguintes pasos:
1. Observar ben todos os detalles que aparecen nela: montañas, ríos, casas, animais, árbores...
2. Empezar escribindo de que tipo de paisaxe se trata: de montaña, de chaira ou de costa.
3. Continuar organizando os datos ordenadamente: en primeiro plano...; ao fondo...; á dereita...
4. Expresar finalmente que sensación che transmite esa paisaxe: paz, tristeza, frío, medo, misterio...

Agora déixovos esta ficha interactiva para que practiquedes un pouco. Por certo, coñecedes o lugar da fotografía?

 2️⃣"TABLA DEL 2"

Aquí vos deixo unha fichiña moi doada da táboa do 2. Despois de facela, para aprendela ben ben debedes saber dicila de varios xeitos: para adiante, para atrás e salteada. A ver se sodes quen de conseguilo!💪

 Tamén vos deixo o seguinte xogo que agardo que vos guste. Premede no enlace para acceder:

         https://matecitos.com/juegos-1-primaria/juegos-tablas-de-multiplicar


                                   


 ⏳ REPASAMOS O TEMA DAS PAISAXES CUN XOGO

Rematamos o tema das paisaxes así que... que vos parece un xogo para repasar parte do contido que vimos? É un xogo tipo test (Kahoot) no que terás que adiviñar a resposta correcta. A data límite para facelo é o vindeiro martes 8 de febreiro (día da proba en clase). 

Hai preguntas máis fáciles e máis difíciles 😉 pero recorda o refrán:                                                  NUNCA TE DEITARÁS... SEN SABER UNHA COUSA MÁIS!

Pincha no seguinte enlace:

https://kahoot.it/challenge/05076738?challenge-id=f11ade92-157e-4bdd-b0bd-c2650ae02215_1643880641579

                                                        PREPARADOS, LISTOS, XA!

 ✏ PRACTICAMOS SUMAS E RESTAS

Ola estreliñas! Aquí tedes unha ficha que podedes imprimir para practicar e xogar con sumas e restas.