25/04/2022

➗ REPARTIR = DIVIDIR

A semana pasada comezamos cos repartos e coa iniciación á división. Déixovos un vídeo moi divertido para repasar o visto e unhas actividades para facer (moi sinxeliñas 😉). 



 🙋‍♀️ OS PRONOMES PERSOAIS



 🙋‍♀️LOS PRONOMBRES PERSONALES






22/04/2022

 🪀OS XOGOS POPULARES



20/04/2022

📚IMPORTANCIA DA LECTURA

A quen lle gusta viaxar? A seguinte curtametraxe explica, dun xeito divertido a través dun percorrido en globo por distintos libros, como a lectura e o hábito lector poden transportarnos a lugares moi afastados e recónditos e facernos vivir extraordinarias aventuras. 


                                                      A onde viaxariades vós?







📖 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro xa que ese día do ano 1.616 morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. 

Para saber un pouco máis de Cervantes e a súa obra universal "El Quijote de la Mancha" deixo uns vídeos cun conto e cunha canción sobre este personaxe tan célebre.



O luns comezamos a celebrar a SEMANA DO LIBRO e o alumnado baixou á biblio para recibir unha sorprendente visita: nada máis e nada menos que Miguel de Cervantes Saavedra (profe Rosi) e o seu personaxe máis ilustre: Don Quixote da Mancha (teacher Silvia). Eles (elas) falaron da biografía deste gran escritor dun xeito moi ameno para os nenos e nenas. Finalmente, agasallaron a cada un cun marcapáxinas do Día do Libro. Todos marcharon de alí desexando ler as 1.300 páxinas que ten a obra orixinal ou polo menos algunha adaptación que temos pola nosa biblio.









E aquí quedan algunhas fotiños coa proposta realizada por todo o cole para ambientar o nosos corredores coa temática lectora. 








FELIZ DÍA! 

QUE LEADES MOITO!!





19/04/2022

7️⃣ TÁBOA DO 7 

🎵🎶Sabes cantos setes hai nesta canción?


E agora unha de ... AMONG US!




🏢🏥🏫🌃 A LOCALIDADE

Recordas que unha localidade é o conxunto de rúas e edificios onde viven as persoas? Mira o vídeo e repasa o que vimos en clase.


Agora podes facer o seguinte encrucillado relacionado con vocabulario do tema:

Fácil ou difícil? Cóntame en clase!

















Déixovos estas fotos coas cidades 3d que pintamos e montamos na clase.
Quedaron ben bonitas!
Aburiño!