🦔"HISTORIA DE UN ERIZO"
Hoxe, día 2 de maio, conmemórase o Día Mundial contra o Acoso Escolar no que se pretende concienciar desta problemática a toda a sociedade. En clase, no cole, nos patios, nos parques... busquemos axudar, integrar, colaborar, empatizar, tolerar e aceptar a todos. Busquemos solucións non problemas!
Mira o seguinte vídeo sobre un erizo que chega novo a un colexio e como entre todos, traballando en equipo e colaborando, atopan a solución adecuada para todos. Precioso!
Tamén me gustaría compartir con vós esta fantástica e axeitada canción do Langui titulada "Se buscan valientes". Que gocedes co vídeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario