30/05/2022
27/05/2022
⚖ MEDIDAS DE MASA E CAPACIDADE
Tanto en ciencias como en matemáticas estamos a ver que a masa que ten a materia é o que pesa. Podemos usar unha balanza ou unha báscula para calcular o seu peso e expresalo en kilogramos (kg).
Por outra banda, en mates tamén imos ver as medidas de capacidade, é dicir, a cantidade de líquido que cabe dentro dun recipiente. Podemos usar un vaso medidor e expresalo en litros (l).
Para practicar fai as seguintes actividades. Veña que xa o tes!
23/05/2022
⚖ A MATERIA
No seguinte vídeo aprenderás a recoñecer a materia, os seus estados e as súas principais propiedades. Atentos que vai!
Agora practica un pouco coas seguintes actividades:
liveworksheets.com
liveworksheets.com
19/05/2022
15/05/2022
Unha proposta que fixemos esta semana das Letras foi que escribiran nunha pinga de auga algunha palabra en galego que lles gustase especialmente. Estas pingas pegámolas a modo de chuvia baixo unha nube que engalana a entrada principal da nosa escola e que leva por lema "MÓLLATE CO GALEGO". Aquí algunhas fotos:
11/05/2022
💙🤍 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Achégase unha data especial, unha data IMPORTANTE, achégase o día no que todos e todas celebramos o amor pola nosa lingua, a lingua galega.
Para ir quecendo motores, mirade o seguinte vídeo realizado por TikTak Draw sobre a biografía e obra do autor homenaxeado deste ano: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, o poeta que cruzou o océano.
09/05/2022
03/05/2022
02/05/2022
🚌 SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA: REPORTAXE GRÁFICA
Ola estreliñas! Por aquí vos deixo algunhas das fotos que sacamos na nosa excursión a Santiago de Compostela para que recordedes os bos momentos que pasamos ese día.
Darvos a todos e todas moitos parabéns por facelo tan ben nesta xornada de convivencia e polo esforzo, actitude positiva e colaboración amosada durante a mesma.
01/05/2022
🦔"HISTORIA DE UN ERIZO"
Hoxe, día 2 de maio, conmemórase o Día Mundial contra o Acoso Escolar no que se pretende concienciar desta problemática a toda a sociedade. En clase, no cole, nos patios, nos parques... busquemos axudar, integrar, colaborar, empatizar, tolerar e aceptar a todos. Busquemos solucións non problemas!
Mira o seguinte vídeo sobre un erizo que chega novo a un colexio e como entre todos, traballando en equipo e colaborando, atopan a solución adecuada para todos. Precioso!