20/04/2022

📖 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro xa que ese día do ano 1.616 morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. 

Para saber un pouco máis de Cervantes e a súa obra universal "El Quijote de la Mancha" deixo uns vídeos cun conto e cunha canción sobre este personaxe tan célebre.



O luns comezamos a celebrar a SEMANA DO LIBRO e o alumnado baixou á biblio para recibir unha sorprendente visita: nada máis e nada menos que Miguel de Cervantes Saavedra (profe Rosi) e o seu personaxe máis ilustre: Don Quixote da Mancha (teacher Silvia). Eles (elas) falaron da biografía deste gran escritor dun xeito moi ameno para os nenos e nenas. Finalmente, agasallaron a cada un cun marcapáxinas do Día do Libro. Todos marcharon de alí desexando ler as 1.300 páxinas que ten a obra orixinal ou polo menos algunha adaptación que temos pola nosa biblio.









E aquí quedan algunhas fotiños coa proposta realizada por todo o cole para ambientar o nosos corredores coa temática lectora. 








FELIZ DÍA! 

QUE LEADES MOITO!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario