➗ REPARTIR = DIVIDIR
A semana pasada comezamos cos repartos e coa iniciación á división. Déixovos un vídeo moi divertido para repasar o visto e unhas actividades para facer (moi sinxeliñas 😉).
📚IMPORTANCIA DA LECTURA
A onde viaxariades vós?
📖 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
O día 23 de abril celébrase o Día do Libro xa que ese día do ano 1.616 morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Para saber un pouco máis de Cervantes e a súa obra universal "El Quijote de la Mancha" deixo uns vídeos cun conto e cunha canción sobre este personaxe tan célebre.
🏢🏥🏫🌃 A LOCALIDADE
Recordas que unha localidade é o conxunto de rúas e edificios onde viven as persoas? Mira o vídeo e repasa o que vimos en clase.