❓❗ SABÍAS QUE...? CURIOSIDADES SOBRE AS PLANTAS
30/03/2022
29/03/2022
28/03/2022
21/03/2022
17/03/2022
🦋PLÁSTICA: COMO DEBUXAR UNHA BOLBORETA MONARCA
Para darlle a benvida á primavera imos debuxar unhas bolboretas mocarcas na clase de plástica e que mellor maneira que escoitar o concerto do compositor italiano Antonio Vivaldi "A Primavera" de fondo.
O vídeo trata sobre unha bolboreta que debe debuxar Austin. O proxecto consiste en debuxar unha bolboreta a partir do modelo dunha fotografía e dende unha perspectiva científica. Concretamente, a bolboreta que debe debuxar Austin responde ao nome de ‘tiger swallowtail’.No seu primeiro intento, Austin non acerta de todo co seu debuxo. Para poder mellorala, Austin escoitará as aportacións dos seus compañeiros de clase e fará varios intentos máis ata que no seu debuxo final o resultado é realmente asombroso.
15/03/2022
13/03/2022
😇 AUTOCONCEPTO: COMO SON EU?
En valores estamos a traballar o autoconcepto: como son e como me ven? Primeiro vimos un vídeo onde un avó e o seu neto nos amosan a importancia de ser perseverantes e pacientes para alcanzar os obxectivos que nos propoñemos. Onde cada un acaba descubrindo as habilidades que posúe.
A continuación elaboramos unhas lentes do "autoconcepto" onde cada un reflexionou sobre as habilidades que posúe e tamén sobre aspectos que pode mellorar.
08/03/2022
5️⃣TÁBOA DO 5
Esta táboa está "chupada" así que todos a cantar con Miliki o retrouso da canción!
E despois de cantar, que che parece se practicas o aprendido facendo o seguinte crebacabezs?
liveworksheets.com
💶 MOEDAS E BILLETES DE EURO
En clase de segundo imos de compras! Esta semana comezamos a traballar coas moedas e billetes de euro: expresar unha mesma cantidade de diñeiro utilizando diferentes combinacións, buscar a cantidade necesaria para mercar algún produto, ver se nos faltan ou nos sobran cartos, dar a volta, etc.
Deixo por aquí unha actividade de repaso. 👛Non esquezas a carteira!
02/03/2022
🐭MANDATOS DO MECO 2022!
A semana do Entroido o meco encargounos mandatos do máis orixinal. Aquí quedan algunhas fotos que así nolo recordan. Sabedes de quen vén sendo????
Esa mesma semana tamén fixemos a nosa primeira saída: visita escolar ao museo MARCO. Súper recomendable! Tan ben o pasamos que xa estamos desexando organizar outra!
Volveremos!
👩8M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER