24/02/2022
🦥🦆🐸🐟🐢ANIMAIS VERTEBRADOS
Estes días estamos a voltas coa clasificación dos animais vertebrados en cinco grupos: mamíferos, aves, anfibios, peixes e réptiles. Podedes practicar todo o aprendido facendo a seguinte ficha.
Aquí abaixo deixo un documental interesante sobre un animal mamífero especial: o ornitorrinco. Xa sabes por que?
20/02/2022
🆘ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
💤 O CÓMIC
Nos seguintes cómics atréveste a completar as viñetas? Escribe nos globos baleiros os diálogos ou pensamentos de cada personaxe e... inventa a túa propia historia!!! Hai catro diferentes.
Podes usar tamén onomatopeas (palabras que representan sons), símbolos (debuxiños que expresan estados de ánimo ou sensacións) e liñas de movemento.
14/02/2022
🖋23 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro facendo diversas actividades no colexio. Entre elas aprender e cantar a seguinte canción sobre esta poetisa galega tan importante.
Máis abaixo tedes un genially con actividades para saber todo e máis sobre a súa vida e obra.
🐣CARACTERÍSTICAS DOS ANIMAIS
En clase estamos a ver as principais características dos animais para poder clasificalos en función de diferentes aspectos: que comen, como nacen, se teñen esqueleto interno ou non, como se desprazan, de que cobren o seu corpo, como respiran, etc.
Mira os vídeos do noso amigo o camaleón, todo un experto en ciencias naturais.
Despois, tes unha ficha para practicar o que aprendiches.
12/02/2022
💖14 F: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE
Para festexar a AMIZADE imos reutilizar caixas de panos baleiras para darlles unha segunda vida e transformalas nunhas caixas do correo que nos servirán para crear un recuncho especial na clase, o CAMIÑO DA AMIZADE, no que intercambiar correspondencia entre iguais.
A continuación deixo unhas cancións relacionadas co tema que agardo que vos gusten.
11/02/2022
11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
10/02/2022
06/02/2022
💖AMOR PROPIO: QUÉRETE MOITO!
A vindeira semana celébrase o día de San Valentín, día do amor e da amizade, e para abordar o tema hoxe empezamos a falar do amor propio: a importancia de coñecerse a un mesmo, aceptarse, quererse, valorarse e coidarse moito porque todos somos únicos e especiais.
Todos somos estrelas e merecemos brillar!🌟
En clase vimos a seguinte curtametraxe que trata sobre a AUTOESTIMA. Tamén podes facer a ficha de comprensión que hai a continuación.
E recorda sempre... QUERERTE MOITO!!!!!!
03/02/2022
2️⃣"TABLA DEL 2"
Aquí vos deixo unha fichiña moi doada da táboa do 2. Despois de facela, para aprendela ben ben debedes saber dicila de varios xeitos: para adiante, para atrás e salteada. A ver se sodes quen de conseguilo!💪
Tamén vos deixo o seguinte xogo que agardo que vos guste. Premede no enlace para acceder:
https://matecitos.com/juegos-1-primaria/juegos-tablas-de-multiplicar
⏳ REPASAMOS O TEMA DAS PAISAXES CUN XOGO
Rematamos o tema das paisaxes así que... que vos parece un xogo para repasar parte do contido que vimos? É un xogo tipo test (Kahoot) no que terás que adiviñar a resposta correcta. A data límite para facelo é o vindeiro martes 8 de febreiro (día da proba en clase).
Hai preguntas máis fáciles e máis difíciles 😉 pero recorda o refrán: NUNCA TE DEITARÁS... SEN SABER UNHA COUSA MÁIS!
Pincha no seguinte enlace:
https://kahoot.it/challenge/05076738?challenge-id=f11ade92-157e-4bdd-b0bd-c2650ae02215_1643880641579
PREPARADOS, LISTOS, XA!